Encontros de música relixiosa
"Loade o Señor, que a música é boa. O Noso Deus merece unha loanza harmoniosa" (Salmo 147). Facendo nosa esta esta invitación do salmista, saudamos a todos coa publicación do folleto e o CD do Encontro de Música Relixiosa número 24, que tivo lugar na Casa Diocesana de Espiritualidade "Raiña da Paz" os días 4 e 5 de Xullo de 2008. Nestes dous días graváronse as partes da asamblea. Os traballos dos solistas, execución con instrumentos, coros e dirección estendéronse ó longo de todo o mes.
As composicións non obedeceron a un único tema preestablecido. Efectuouse a selección despois de analizar a oferta dos compositores e a demanda solicitada ou predicible. En concreto, cinco cancións céntranse na celebración da Eucaristía, tres na Virxe María, dúas nas celebracións dos defuntos, catro nos nenos e unha na mocidade.
A dirección e os técnicos insisten un ano máis en que todas las cancións seleccionadas poden e deben ser cantadas pola comunidade. De feito, e como exemplo, tódalas cancións, nas súias primeiras estrofas, están gravadas a unísono para a participación comunitaria.
Quero agradecer coma sempre a a portación dos compositores e o esforzo dos participantes e dos solistas. De modo especial, quero nomear os tres que levan desinteresadamente o peso do Encontro: Carlos Otero Padín, Antón Fernández León e Isauro García Ramos. A eles e a tódolos demais quero manifestarlles a miña confianza e gratitude
O próximo Encontro, o número 25, terá un carácter celebrativo nas Vodas de Prata. As datas que nos parecen máis axeitadas son as dos días 3 e 4 de Xullo de 2009. Na páxina web de Santa María a Maior mostrarase o programa de actos.
Finalmente, ó dispoñer dun repertorio de máis de 350 cantos dos 24 Encontros, queremos seguir fomentando a participación na liturxia. Diriximos os nosos traballos ós cantores e ós músicos. A nosa produción musical quixo manter sempre as calidades da música apta para a celebración litúrxica.
Co próximo Encontro imos rematar estas convocatorias, e seguimos invocando a intercesión da Nosa Señora, que soubo cantar con toda a súa alma ó Señor proclamando as súas marabillas.
O FUTURO DOS ENCONTROS
Por Xaime VAAMONDE SOUTO
Non resulta doado prever ningún futuro, e o caso dos Encontros non é excepción. Pero pode albiscarse tendo en conta o pasado e o presente.
A introducción do galego na liturxia creou unha situación nova. Motivou unha ampla floración de cantos: aparición de textos e melodías novas, por unha parte, e pola outra aparición de músicas para o ordinario da misa, en principio sobre a base do texto litúrxico. Isto foi posible gracias otrabaIlo de varios compositores que puxeron a súa arte ó servicio da liturxia. Pero a producción non acababa de ser nin moi abondosa nin suficientemente dada a coñecer e utilizada.
Nesta situación naceron os Encontros, hai catorce anos, coa finalidade de axudar a mellorala. Actualmente ternos un número notable de cantos que podemos elixir para as nosas celebracións, entre eles os presentados e gravados nos Encontros, cunha calidade aceptable en xeral. No Cantoral que recolle os once primeiros Encontros hai variedade tal que posibilita o canto do salmo responsorial, elección de textos e músicas para cantar na entrada e na comuñón, adecuados á testa, ó tempo litúrxico, ó momento da celebración, ó sacramento que se celebra, ó ambiente que é preciso manter...
Aínda así, a situación actual non é perfecta nin está exenta de dificultades e procesos que tamén hai que ter en conta. Por exemplo, é certo que se cantan moito por todas partes os cantos dos Encontros, mesmo alí onde a penas hai liturxia en galego. Pero ós nosos cantos sucédelles en parte o que á canción relixiosa en xeral. As comunidades cantan ás veces «os cantos que saben», sen máis, aprendidos nun momento determinado polo motivo que fose. A pedagoxía do ano litúrxico é mínima, moitas veces, e vaise nalgúns lugares cara a unha desidentificación das festas e celebracións. O sentido educativo do canto para a comprensión da liturxia non sempre é atendido.
Certo é, tamén, que nestes comportamentos se realiza unha selección duns cantos que resultan, polo que for, os preferidos; por iso mesmo, cantados cando veñen a conto e cando non. Cos cantos dos nosos Encontros sucede isto. O que, por unha parte, resulta gratificante para nós, ten os inconvenientes que se dixo. Pero isto é tamén síntoma de que os Encontros teñen futuro. O seu futuro depende en boa parte da pervivenciae utilización continuada de moitas cancións aprendidas e promovidas desde aquí.
Por todo o dito, os Encontros terán futuro tamén se son quen de dar resposta ás seguintes necesidades, só parcialmente satisfeitas ata o momento:
- Promover unha práctica máis habitual, no canto, dos diálogos entre o celebrante e a asemblea, e das aclamacións da misa.
- Asegurar que se utilicen, para cantar a Deus na misa -a oración do Noso Pro, por exemplo- os textos oficialmente propostos, con melodías axeitadas, deixando outras que se foron adaptando, de pezas profanas con frecuencia, para reunións non litúrxicas de oración ou convivencia cristiá.
- Promove-lo canto do salmo responsorial, sobre todo nas misas dos domingos e festas.
- Propoñer cantos de entrada propios para algúns domingos máis significativos do ano litúrxico e para a celebración dos sacramentos.
- Propoñer un grupo de cantos para a procesión de comuñón e de himnos de loanza e acción de gracias para despois da comuñón.
Mentres vaian respondendo a estas e outras necesidades reais da práctica litúrxica e pastoral, os Encontros teñen futuro. Téñeno sobre todo porque hai un grupo considerable de persoas que cada ano esperan a súa celebración e participan corresponsablemente. Tamén porque contamos cun grupo máis pequeno de persoas dispostas a compoñer letras e músicas novas para a canción relixiosa en galego. E polos técnicos, solistas, organizadores... Este conxunto de persoas decidiu hai uns anos que, para asegura-la permanencia e identidade dos Encontros de Música Relixiosa, estes teñan sempre o seu lugar de celebración na Casa Diocesana de Espiritualidade «Raiña da Paz» e que a data da mesma sexa gen falta na primeira semana de xullo.
Cando hai catorce anos encetamos esta traxectoria, ninguén de nós podía pensar que tería o futuro que hoxe é por ventura xa presente. O futuro visto desde hoxe, véxoo máis claro. Sempre e cando, como enriba fica dito, saibamos ir dando resposta a aquelas necesidades e contemos coa participación e boa aceptación que ata agora tivemos. Que, por certo, debo agradecer a tantísima xente: á súa importante colaboración tanto este presente,como as posibilidades de futuro. O futuro descansa e apóiase sobre todo no grupo de persoas hoxe asentado e con firme propósito de seguir adiante. Coa axuda do Señor poderemos acadar obxectivos cada vez mais altos para ben da nosa Igrexa, á que estamos servindo.
